|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Wikipedia:O que a Wikipedia non éA Wikipedia é unha enciclopedia. Dada a definición xeral de enciclopedia resulta un pouco complicado decidir exactamente que cousas caben aquí. Non obstante, temos unha boa idea de que cousas non pertencen á enciclopedia, isto é, o que a Wikipedia non é e non debe ser: [editar] Non é unha enciclopedia impresaIsto significa que non ten un límite de artigos, nin de tamaño dos mesmos. Pode (e debe) incluir ligazóns entre os distintos artigos e é actualizada continuamente. Existe unha limitación para o tamaño dos artigos individuais que depende unicamente da velocidade do navegador usado e das esixencias de lexibilidade. Sen embargo, os artigos poden separarse en varios, incluíndo ligazóns entre eles e resumos axeitados como un xeito de facer medrar un tema. [editar] Non é unha fonte orixinal de datosA información editase por wikipedistas que procuran temas noutras fontes e insiren aquí os seus artigos orixinais, ou completan, corrixen e complementan os xa publicados. [editar] Non é un dicionarioAínda que o libro de estilo recomende que o mellor xeito de comezar un artigo sexa cunha boa definición, os que só conteñen a mesma non son artigos axeitados para a Wikipedia. As enciclopedias tradicionais acostuman conter este tipo de entradas xunto con outras de maior envergadura, pero a Wikipedia non é un dicionario ortográfico, nin é un dicionario xenealóxico ou biográfico; non é un lugar para definicións nin para listas das mesmas; nin é unha guía de uso de xergas sociais ou profesionais. Wikimedia ten un proxecto que é un dicionario e pode visitarse no Galizionario. [editar] Non é un foro de discusiónsApesar de haber áreas para a discusión en cada páxina, e mesmo páxinas para intercambiar ideas da comunidade. [editar] Non é un directorio de ligazónsAs listas de ligazóns só son aceptábeis nas páxinas de homónimos e nalgunhas poucas listas. No apartado "Véxase tamén" non hai que repetir as ligazóns que xa aparecen no texto. [editar] Non é un repositorio de sitios webOu de duplicación doutros contidos. As ligazóns a recursos externos só teñen sentido cando amplían de maneira substancial o contido dun artigo ou fornecen algo que a Wikipedia non pode, como vídeos e imaxes interesantes mais con copyright. Non é un obxectivo razoábel ligar con todos os recursos existentes sobre un tema, só con aqueles, seleccionados, que aportan algo importante. [editar] Non ten contido reservadoOs contidos inseridos deben estar no dominio público ou rexerse por licencias de uso do tipo GNU FDL. [editar] Non é un manual de software ou xogos[editar] Non é un blog ou similarApesar de ter contido libre e actualizado polos wikipedistas, a Wikipedia non é un espacio para reflectir informacións personais. Wikimedia ten outros proxectos que poden cubrir algúns dos tipos de páxinas citados arriba. Visite http://www.wikimedia.org/ para os proxectos xa existentes, e meta:Proposals for new projects para proxectos propostos. [editar] Posibles medidas a tomar en caso de violación das normas
[editar] Véxase tamén |