Wikipedia:Guerra de edicións

Debido a que cualquera usuario, rexistrado ou non, ten a posiblidade de editar na Galipedia, algunhas veces prodúcese un fenómeno chamado guerra de edicións, que consiste na modificación do texto dun determinado artigo por un ou máis usuarios, normalmente nuns lapsos de tempo moi curtos. Cada usuario involucrado revirte o artigo á súa propia "versión imparcial".

[editar] Motivos

Os motivos poden ser moi variados; entre os máis comúns atópanse os seguintes:

  • Falta dun acordo en relación á veracidade dos datos do artigo.
  • Intento denodado por introducir determinado texto, xa sexa este non neutral ou con copyright.
  • Datos históricos non concluíntes con relación a un evento.
  • Intentos de vandalismo repetitivos. Isto ocorre na meirande parte das veces en páxinas relacionadas con relixión, personaxes políticas, etc.

As consecuencias emocionais dunha guerra de edicións son as equivalentes a unha pelexa verbal ou física. Folga dicir que se debe evitar entrar nun conflito destas características.

[editar] Que facer no caso de estar nunha guerra de edición?

  • Sobor de todo, manter a calma.
  • Se o conflito de edición se desenvolve contra un vándalo, coloque o aviso de Wikipedia:Vandalismo en curso e avise a un administrador no Taboleiro dos Administradores para que avalíe a situación e bloquee ó usuario se corresponde.
  • Se é un caso de non neutralidade, ou sexa, que vostede NON está de acordo cos textos que se están trocando, evite facer máis reversións. Tódolos artigos posúen un apartado chamado historial que permite desfacer os cambios anteriores. Entón a páxina poderá ser revertida nun futuro, previo consenso e sen complicacións. Lembre que a Galipedia non é unha fonte primaria de información.

[editar] Véxase tamén


faktoring ustka dom kraków prezerwatywy wynajem maszyn łódź Architekt wnętrz Przewodnik po zarabianiu kredyt mieszkaniowy Strony internetowe Lublin Teledysk newsy it karty kredytowe Opisy gg Golf 3 Wina kick koparki Bułgaria wczasy Karaoke tani kredyt hipoteczny COOLsurf