Outras linguas

Normativa oficial do galego

Este artigo trata sobre as normas para a escrita do galego legalmente válidas. O concepto e a aplicación da "normativa oficial" ten xerado moita confusión e conflito en Galiza nas últimas décadas.

O Estatuto de autonomía de Galicia dotou aos poderes públicos galegos da competencia con respecto á lingua galega. O 17 de novembro de 1982 a Xunta de Galicia estableceu que existiría unha norma de uso oficial para o ensino e que excluiría das axudas económicas os textos non publicados na "normativa oficial", en clara referencia ao reintegracionismo.

Coa publicación da Lei de normalización lingüística o 15 de xuño de 1983, estableceuse que o criterio de autoridade para a normativización do galego sería a Real Academia Galega, relegando o Instituto da Lingua Galega como referencia legal.

A variedade estándar ou padrón, fixada a medias entre o ILG e a RAG, inicialmente constaba só con indicacións morfolóxicas e ortográficas, as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG), publicadas en 1983 e aplicadas no dicionario da RAG de 1997 (unhas trinta mil palabras) e reformadas en 2003, pero coa publicación do VOLG en 2004 definíronse de facto tamén coma normas léxicas. Isto non implica que o que non apareza no VOLG non sexa normativo, posto que non é amplo dabondo para recoller todo o léxico galego.

Índice

[editar] A primeira normativa oficial

O 3 de xullo de 1982, a Real Academia Galega (RAG) e o Instituto da Lingua Galega (ILG) aprobaron en sesión conxunta as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG). En abril de 1983, a Xunta publicou o Decreto de Normativización da Lingua Galega (coñecido como "Decreto Filgueira"), que consagraba estas normas como modelo para a escrita da lingua galega.

En 1990 a RAG e o ILG publicaron o Diccionario da Lingua Galega, con 12.000 entradas, que constituía así a normativa sobre o léxico (as Normas só tratan da ortografía e a morfoloxía).

En 1995 modificáronse parcialmente as NOMIG: a proposta do Consello Científico do ILG (11 de novembro de 1994), o Plenario da RAG ratificou estas lixeiras modificacións o 25 de febreiro de 1995. O novo texto publicouse en maio, e tivo valor inmediato, sen precisar de aprobación por parte do goberno galego, que foi simplemente informado.

A nova edición do Diccionario da RAG de 1997 contiña 25.000 entradas.

[editar] A reforma de 2003

En 2001 iniciouse un proceso de negociación entre os departamentos de galego das tres universidades galegas, o Instituto da Lingua Galega e diferentes asociacións. O obxectivo era a unificación de dúas das tres diferentes normativas –e posturas– sobre o galego existentes: a normativa “oficial”, aprobada polo Instituto da Lingua Galega, o reintegracionismo –partidario da unificación ortográfica co portugués–, e o reintegracionismo de mínimos, unha fórmula intermedia entre as dúas defendida por varias outras asociacións. Este grupo de entidades presentoulle unha proposta á Academia.

A Academia discutiuna en novembro do 2001, aínda baixo a presidencia de Francisco Fernández del Riego. Foi un debate difícil que rematou cunha votación con resultado de once votos en contra da mudanza, dúas abstencións e sete votos a favor, aínda que ninguén nese momento deu o asunto por pechado. A decisión foi polémica no seu momento e transcendeu ao ámbito dos investigadores e filólogos. O 30 de setembro do 2002, a Real Academia decidiu reabrir o debate, aínda que desde o interior da institución. O novo presidente era Xosé Ramón Barreiro, que se comprometera a conducir a reforma ao ocupar o cargo. A proposta finalmente aprobada pola RAG non coincide ao cento por cento coa presentada dous anos antes, xa que algúns dos puntos non se aceptaron na súa integridade, baixo a acusación máis ou menos velada dunha certa deriva lusista.

[editar] Normativa do galego

Estas son as normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas o 12 de xullo de 2003 pola Real Academia Galega e actualmente en vigor.

  1. O alfabeto
  2. A acentuación
  3. O guión
  4. Uso das maiúsculas
  5. A diérese
  6. O apóstrofo
  7. Os signos de interrogación e de admiración
  8. Grupos consonánticos
  9. Sufixos e terminacións
  10. Outras particularidades
  11. Formación do plural
  12. Formación do feminino
  13. Comparativos e superlativos
  14. O artigo
  15. Pronomes
  16. Numerais
  17. Verbo
  18. Adverbios e locucións adverbiais
  19. Preposicións e locucións prepositivas
  20. Conxuncións e locucións conxuntivas

[editar] Criterios

Os principais criterios para a escolla das alternativas que entran dentro da normativa foron:

  1. etimoloxía;
  2. difusión na lingua común (tanto territorial coma demograficamente), por un achegamento á lingua oral;
  3. pragmatismo que permita ó usuario distinguir o que é preciso distinguir;
  4. coherencia dentro do sistema das linguas románicas, especialmente co do portugués;
  5. tradición na escrita literaria galega dende os séculos escuros ou na época medieval;
  6. evolución esperable dentro do galego segundo as leis fónicas da historia da lingua galega, mesmo con (pseudo)regularizacións de sistemas analóxicos;

A aplicación destes criterios é variable e fronte a unha serie de exemplos de aplicación pódeselle apoñer outra lista de contraexemplos, respectivamente:

  1. covarde, móbil, téxtil, o paradoxo, ovo, horta, ermida; España, Xoán;
  2. cantabamos, seseo; -án/-á, -óns, gheada;
  3. influenza-influencia, adicción-adición, uso de ¿, til diacrítico; marcación de vogais medias;
  4. aluguer (na tradición medieval recollida consta alugueiro);
  5. estable-establecer-estábel-estabelecer; piadoso (*piedoso), aparencia-desgraza-presenza-ausencia;

A conceptualización da norma galega é moi diferente da española:

  • mentres a galega é aínda fundamentalmente morfolóxica e ortográfica, a prescritiva española é ademais léxica, fónica e sintáctica, debido ó seu maior percorrido histórico;
  • mentres que a española varía cada ano do dicionario da RAE sen ser posta en cuestión, a galega modificouse unha vez en 20 anos e existe un sentimento de ela ser cambiada con frecuencia (probabelmente froito de que a tradición filolóxica hispánica segue a ser unha ideoloxía dominante);
  • mentres que a española é máis rexa e estrita, a galega permite en moitas máis ocasións unha escolla entre variantes alternativas (Galiza/Galicia, -ao/án e -á/-án, -ble/-bel, ao/ó, pór/poñer, oír/ouvir, pósteres/pósters, gorecer/guarecer, -ería/-aría), aínda que moitas veces dando unha coma preferente;
  • mentres a galega pretende ser máis fiel á etimoloxía, a española é máis variable por non ser tan moderna.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


nieruchomości rzeszów pozycjonowanie stron akordeon Jak szybko zawiązać krawat mazury imprezy integracyjne leki na wypadanie włosów Tuning optyczny Kajaki pompa ciepła nisko Forex Sklejka dźwirzyno pierwsza miłość Projekty garaży kick koparki Bułgaria wczasy Karaoke expekt COOLsurf