|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
WikipediaA Wikipedia é unha enciclopedia de contido libre baseada na tecnoloxía wiki, a cal permite a súa edición por calquera usuario dende un navegador web. O feito de que sexa libre aplícase tanto ao seu uso como á súa edición. Wikipedia é multilingüe e é desenvolvida de xeito colaborativo por centos de voluntarios arredor do mundo nas súas respectivas linuas. Wikipedia é mantida e administrada pola fundación, sen fins de lucro, Wikimedia. En outubro de 2006, Wikipedia contén na súa versión en lingua inglesa máis de 2.000.000 artigos enciclopédicos, e entre as 250 linguas nas que hai edicións da wikipedia hai 5.500.000 artigos. Wikipedia comezou como un proxecto en inglés o 15 de xaneiro de 2001 e aos poucos foron xurdindo proxectos paralelos noutras linguas. A Wikipedia en lingua galega (coñecida como Wikipedia en galego ou Galipedia) existe desde o 5 de marzo de 2003 e, se en xuño de 2004 contaba con aproximadamente 1350 artigos, en maio de 2005 superou os 5.000. O número actual de artigos é de 38,020 (valor que se actualiza automaticamente na versión en liña).
[editar] Características esenciaisExisten tres características esenciais do proxecto Wikipedia, as cales definen conxuntamente a súa función na web:
[editar] VandalismoUn problema constante na Wikipedia é o vandalismo ao que son submetidas as wikipedias. O vandalismo son modificacións parvas ou ofensivas ós artigos da enciclopedia. Malia ós graves problemas que isto semella presentar a simple vista, o vandalismo en xeral non prospera na Wikipedia. Dado que a maior parte do público da Wikipedia ten boas intencións e, daquela, os vandalismos son minoritarios nas edicións diarias, as desfeitas rara vez conseguen permanecer por moito tempo sen seren borradas ou revertidas. A maioría dos vándalos son anónimos, pois Wikipedia permite a edición dos seus artigos sen rexistrarse previamente. Algúns casos extremadamente raros teñen pasado nos que un usuario rexistrado comete actos de vandalismo reiteradas veces. Estes últimos casos adoitan corresponder coa expresión de motivacións ideolóxicas, culturais ou relixiosas que empurran o vándalo a continuar editando e tentar impoñer as súas crenzas. [editar] PolíticasOs participantes de Wikipedia habitualmente acordan e manteñen un número reducido de políticas básicas:
[editar] PersoalNa edición da Wikipedia participan miles de persoas en todo o punto que son coñecidas como wikipedistas. [editar] Historia
[editar] Véxase tamén[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
|