|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
TenisO tenis é un deporte de pelota e raqueta desputado entre dous xogadores (individuais) ou catro (dobres). É un deporte popular que practican persoas de tódalas idades en distintos niveis.
[editar] Regras de xogoOs xogadores (ou tenistas) golpean a pelota alternadamente cunha raqueta, facéndoa pasar por enriba dunha rede que divide o campo de xogo en dúas metades, de forma que a pelota caia no campo do contrincante. A pelota non debe botar máis dunha vez. Se un xogador non consegue ambas as dúas cousas cun só golpe, o rival gaña o punto. Ao mesmo tempo, hai que intentar que o adversario non consiga devolver facilmente a pelota ata a outra metade do campo correspondente ao seu rival. Vence o que obtén a maior puntuación. Os partidos xóganse en pistas (ou canchas) que poden ser cubertas ou descubertas (ao aire libre), podendo ser de distintos tipos de superficie (de terra batida, céspede...). [editar] HistoriaO tenis moderno naceu na Gran Bretaña no século XIX. [editar] Curiosidades
[editar] RánkingNa actualidade os xogadores están ordenados nun ránking chamado "Sistema de entradas" (Entry Ranking), no cal se suman os puntos obtidos polos xogadores nas últimas 52 semanas, é dicir, nun ano. Polo tanto, ao finalizar cada semana, réstanse a cada xogador os puntos obtidos nesa mesma semana do ano anterior, e súmanse os gañados na semana actual. O actual número un do ránking é o suízo Roger Federer. [editar] Cancha ou campoA pista de xogo é un rectángulo de 23,77 metros de longo e 8,23 metros de ancho, para individuais, ou 10,97 m, para dobres. Hai 4 superficies distintas: po de ladrillo (terra batida en Europa, "clay court" en inglés), céspede, cemento e diversos tipos de goma, chamados comunmente "carpeta", que non son outra cousa que superficies plastificadas. A pista ou cancha, está dividida en distintas zonas: o cadrado de saque, os callexóns (para dobres, pasillos ou paralelas) e os flexes. [editar] Véxase tamén[editar] Outros artigos[editar] Ligazóns extermas
|