Periodismo fotográfico

Dende a aparición da fotografía, esta empregouse para deixar constancia de calquera feito memorable en publicacións escritas. Obtivo unha importancia moi considerable a partir dos anos 20 en diante, cando se crean axencias xornalísticas baseadas nas reportaxes fotográficas.

Festas en Castiñeiras, Ribeira
Festas en Castiñeiras, Ribeira

Ata tal punto se implantou a fotografía na prensa escrita, que hoxe en día é habitual que o que se chama "mancha" sexa un 70% do xornal. Esa "mancha" é a superficie de imaxe con respecto ó total do papel. Cabe destacar que na maioría das noticias, se despraza só o fotógrafo, xa que a noticia en si se obtén de axencia ou de memorando.

A fotografía cobra especial importancia no xornalismo e fai chegar ó público máis cantidade de información, facendo realidade a frase "vale máis unha imaxe ca mil palabras". Moitos autores reflexionan, dende os tempos da orixe da fotografía, sobre a súa importancia social. Susan Sontag afirma que Coleccionar fotografías é coleccionar o mundo. Así mesmo, engade que a fotografía "xustifica".

Así a todo, non hai que esquecer que quen fai unha fotografía plasma unha parte da realidade dunha determinada maneira, e dende un punto de vista en concreto. Non podemos pensar polo tanto que a fotografía é un fiel reflexo da realidade, senón a plasmación dunha parte da mesma. Non só hai que pensar naquilo que a fotografía recolle, senón tamén no que puidese ficar fóra.

[editar] Enlace exterior


Detox Vision Blog Fotografia Pozycjonowanie www teledyski pl Gry, programy, filmiki, forum Samochody teledyski muzyczne Bielizna damska gówno Teledysk Gry Thorgal uniwersytet mikołaja kopernika szyny kolejowe Promocja Canon IXUS 860 kick koparki Bułgaria wczasy Karaoke tani kredyt hipoteczny COOLsurf