Ourense

Ourense
Situación
Xentilicio 1: Ourensán - Auriense
Xeografía
Provincia: Provincia de Ourense
Comarca: Ourense
Área: 84,5 km²
Entidades de poboación: 21 parroquias
Capital do concello: Ourense
Latitude e lonxitude: 42º 19' 48" N / 07º 52' 12" O
Altitude máxima: 134 m.
Altitude mínima: 54 m.
Zona horaria: 2 UTC + 1
Demografía (2006)
Poboación: 108.137 hab.
Densidade: 1280 hab./km²
Uso do galego 3 (2001)
Galegofalantes sobre o total da poboación: 89,92 %
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos
Sempre: 23,24 %
Ás veces: 60,55 %
Nunca: 16,20 %
Política (2007)
Concelleiros 4: PPdeG 13 concelleiros (26.160 votos - 42.25 %)
BNG 6 concelleiros (12.253 votos - 19.79 %)
PSdeG-PSOE 8 concelleiros (16.428 votos - 26.53 %)
Outros: - (6.045 - 9,76 %)
Alcalde: Francisco Rodríguez Fernández (PSdeG-PSOE)
Eleccións municipais en: Ourense

Eleccións municipais en Ourense

Censo electoral (2007)
Total electores: 100.385 - 100 %
Votantes: 62.405 - 62,17 %
Abstencións: 37.980 - 37,83 %
Votos en branco: 1.034 - 1,66 %
Votos nulos: 485 - 0,78 %
Orzamentos (2000)
Enderezos
Enderezo físico: Praza Maior 1
Teléfono: 988 388 100
Fax:
Código postal: 32005
Correo electrónico:
www.ourense.es

Notas:
1 Véxase no Galizionario.
2 No verán: UTC + 2.
3 Datos de 2001 publicados en 2004.
4 Eleccións municipais maio 2007.

Ourense (xentilicio: Ourensán) é a terceira cidade de Galicia por poboación despois de Vigo e da Coruña, capital da provincia do seu nome. Ten 108.137 habitantes segundo o padrón municipal de 2006 (109.475 en 2003) e é cabeza da comarca homónima.

Está atravesada polos ríos Miño, Barbaña e Loña. É coñecida como "A cidade das Burgas" debido á sona das súas famosas fontes de augas termais (a auga sae a 60-68ºC). Destacan como monumentos a Catedral de Ourense (Século XII) co seu Pórtico do Paraíso e o Santo Cristo, a ponte Romana, O Claustro de San Francisco, as igrexas da Trindade e San Domingos, e o conxunto do seu casco antigo, en proceso de recuperación. Cidade Termal por excelencia, ademais das Burgas o visitante pode gozar das augas termais do balneario da Chavasqueira (de inspiración xaponesa), O Tinteiro, Muiño da Veiga e Outariz. Están moi próximos á capital os centros balnearios da Arnoia, Baños de Molgas, Laias e O Carballiño.

Índice

[editar] Etimoloxía

Bautizada polos romanos como "A cidade de ouro" (Auriense) pola súa abundancia neste metal precioso, foi unha importante cidade da provincia romana de Hispania ata que se esgotaron as súas reservas deste mineral, que se atopaba no Río Miño. Un topónimo relacionado é o da próxima praia fluvial de Oira. Tamén se cre que o nome da cidade ven do latín aquare urente (Augas abrasadoras), ou do xermánico Warmse (Lago quente), polas coñecídas fontes de augas termais, As Burgas, (nome derivado do latín Burca que significa pila), unha das moitas que existen no Concello.

[editar] Historia

Aínda que había asentamentos castreños á beira do Miño e do Loña como os de Valdegola, Oira e San Tomé a cidade ten a súa orixe no asentamento romano a caron das Burgas e da guarnición da ponte romana.

Situada preto da Vía Nova que unía Bracara Augusta (hoxe Braga en Portugal) con Asturica Augusta (hoxe Astorga) a cidade mantivo importancia tras a época romana pola sua ponte e situación central na antiga Gallaecia.

Foi corte real dos suevos crese que durante o reinado de Carriarico/Teodomiro que foi o que fundou a primeira igrexa dedicada a San Martiño de Tours.

Tras as incursións árabes e normandas do século X, iníciase unha lenta recuperación. En 1084 o bispo Ederonio restaura a catedral, hoxe Igrexa de Santa María Nai.

Mais será durante o bispado de don Lourenzo cando dona Tareixa de Portugal concede a xurisdición da cidade ao bispo e aos seus sucesores en 1122 situación que se mantería ata o século XVII.

Ao longo da Idade Moderna Ourense foi cidade de cregos, nobres e funcionarios sendo a súa industria a do viño, manténdose ata as pragas de finais do XIX. Neste século a cidade vai incrementar a sua poboación coa construción da Estrada Villacastín-Vigo, e a nova liña férrea Monforte-Vigo tamén crece a cidade que se espalla máis aló do tradicional casco vello.

Durante o século XX este crecemento mantívose, Ourense continuou a ser o centro administrativo da provincia gañando un notable pulo comercial vencellado a emigración procedente de Zamora, Logroño e León que aparace atraída polas novas vías de comunicación.

Actualmente Ourense é un importante nó de comunicacións onde se cruzan tres autoestradas, catro Estradas Nacionais, así como catro vías de ferrocarril. A estación Ourense-Empalme, unha das dúas estacións coa que conta a cidade, é a máis importante de Galicia, dende onde se centralíza todo ao tráfico ferroviario do noroeste da península.

[editar] Xeografía

  • Altura máxima de 134 metros
  • Latitude: 42º 19' 48" N
  • Lonxitude: 07º 52' 12" W
  • Superficie: 85,2 km2.

[editar] Demografía e divisións

Segundo datos do INE do 2006, o concello de Ourense conta con 108.137 habitantes situados polo centro urbano e as 21 parroquias das que consta o concello. A densidade de poboación é de 1271 habitantes por quilómetro cadrado.

[editar] Evolución da poboación

Evolución da poboación de: Ourense - desde 1900 ata 2004 -
 1900  1930  1950  1981  2004
 15.194  21.579  55.574  94.346  108.600
Fontes: INE e IGE

(Os criterios de rexistro censal variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)


[editar] Política

Ourense é a capital da provincia, así mesmo cabeceira dunha comarca e partido xudicial. Ourense é a sé da Audiencia e Xulgados Provincias, Deputación Provincial de Ourense, as delegacións da Xunta de Galicia e de varios organismos da Administración Xeral do Estado como a Subdelegación do Goberno, Comisaría da Policía Nacional, INSS e outros.

Tras as eleccións municipais do 2007 o goberno da cidade é unha coalición do PSdeG e o BNG sendo o alcalde Francisco Rodríguez.

[editar] Economía

A maior parte da cidadanía de Ourense traballa no sector servizos, aínda que tamén ten importancia o sector secundario, xa que a cidade conta con numerosas fábricas relacionadas coa química e os seus derivados. A cidade tamén recibe a influencia do Parque Tecnolóxico de Galicia, que aínda que non se atopa no concello de Ourense, aporta grandes beneficios á cidade.

[editar] Climatoloxía

A situación climatolóxica de Ourense é moi especial. Conta cun clima oceánico cunha forte influencia do clima continental. A situación xeográfica da cidade, metida nun val, fai que os veráns sexan dunha extrema dureza acadando a maioría das veces temperaturas superiores aos 35°C en verán. En inverno as temperaturas son baixas, aínda que a maioría das veces non baixan dos 0°C.

Ourense
1931-1960 xan feb marz abr mai xuñ xull agost set out nov dec TOTAL
Temp. media (°C) 6,9 7,7 10,8 12,6 16,0 19,4 22,1 21,4 19,2 14,7 10,0 7,7 14,0
Precipitacións (mm) 90 78 99 56 62 42 17 20 43 89 95 128 818
Praza Maior
Praza Maior

[editar] Personalidades de Ourense

[editar] Ourense na cultura popular

  • As nenas de Pontevedra/ son o mesmo cas de Ourense,/ son sin quitarlle nin porlle/ como tódalas mulleres.

[editar] Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Ourense

[editar] Lugares de Ourense

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ourense vexa: Lugares de Ourense.

[editar] Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ourense

Arrabaldo (Santa Cruz) | Beiro (Santa Baia) | Cabeza de Vaca (San Bieito) | Canedo (San Miguel) | O Castro de Beiro (Santo André) | Ceboliño (Bo Xesús) | Cudeiro (San Pedro) | Montealegre (A Milagrosa) | Ourense | Palmés (San Mamede) | Rairo (Santa Lucía) | Reza (Santa María) | Santa Mariña do Monte (Santa Mariña) | Santiago das Caldas (Santiago) | Seixalbo (San Breixo) | Tras do Hospital (A Asunción) | Trasalba (San Pedro) | Untes (Santo Estevo) | Velle (Santa Marta) | Vilar de Astrés (Purísima Concepción) | Vista Fermosa (San Xosé)

[editar] Véxase tamén

  Referencias relacionadas con Galicia


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Katalog SEO Web directory Opisy GG Sklep ogrodniczy Tapety na pulpit pikniki firmowe urządzenia gastronomiczne Linki sponsorowane Plemiona Plus bezpieczeństwo sieci Noclegi Stegna Hotelarstwo hosting avp2 Trance szukanie partnera kick koparki Bułgaria wczasy Karaoke tani kredyt hipoteczny COOLsurf