|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Ordenador
Un Apple IIc Pascal.
Un ordenador ou computadora é unha máquina que realiza cálculos e controla operacións expresadas en termos lóxicos e numéricos. O ordenador é un sistema dixital con tecnoloxía microelectrónica, capaz de procesar datos a partir dun grupo de instrucións denominado programa. A estrutura básica dun ordenador inclúe microprocesador (CPU), memoria e dispositivos de entrada/salida (E/S), xunto ós buses que permiten a comunicación entre eles. En resume, o ordenador é unha dualidade entre hardware (parte física) tal como: a pantalla, o teclado e o disco duro, e software (parte lóxica), que interactúan entre sí para unha determinada función. A característica principal que os distingue doutros dispositivos similares, coma unha calculadora non programable, é que pode realizar tarefas moi diversas cargando distintos programas na memoria para que o procesador os execute, realizando así funcións moi diversas.
[editar] Uso actual do termoNos últimos vinte anos aproximadamente moitos aparatos domésticos, sobre todo as consolas para videoxogos, a teléfonos móbiles, os vídeos, os asistentes persoais dixitais (PDA) e un sinfín de aparatos caseiros, industriais, para coches e electrónicos, teñen circuítos homologables á máquina de Turing (coa limitación de que a programación destes aparellos está instalado nun chip de memoria ROM que hai que reemplazar cada vez que queremos cambiar a programación. Esta especie de computadoras que se encontran dentro doutras computadoras de uso xeral son coñecidos como microcontroladores ou computadores integrados. Polo tanto, moitas persoas restrinxiron a definición de computadora a aquelas máquinas cuxo propósito principal sexa o procesamento de información e que poidan adaptarse a unha gran variedad de tarefas, sen ningunha modificación física, excluíndo aqueles dispositivos que forman parte dun sistema máis grande como os teléfonos, microondas ou avións. [editar] Hardware
Un ordenador está construído cunha serie de compoñentes físicos ou hardware, cada un executando funcións específicas, e mantendo unha complexa interacción entre eles. Os compoñentes hardware básicos de todo ordenador son:
[editar] Software
Un ordenador executa programas de software ou conxuntos de instrucións (operacións) expresadas en termos lóxicos e numéricos para procesar datos, permitindo así realizar distintas funcións, coma por exemplo escribir textos cun procesador de texto ou escoitar música cun reprodutor de audio. [editar] Sistemas operativos
Un ordenador emprega normalmente un programa informático especial, chamado sistema operativo (SO), deseñado, construído e probado para xestionar os recursos do ordenador: a memoria, os dispositivos de E/S, os dispositivos de almacenamento (discos duros, as unidades de DVD e CD), etc. [editar] FuncionalidadeA función básica dun ordenador é o procesamento de información: un ordenador procesa unha información que recibe, nun formato predefinido, do exterior, procésaa de acordo a un programa e devolve unha serie de datos de saída, noutro formato específico. As funcións suplementarias máis importantes son:
[editar] Como funcionan os ordenadores
Vista expandida dun ordenador
1: Monitor 2: Placa base 3: Procesador 4: Portos ATA 5: Memoria principal (RAM) 6: Placas de expansión 7: Fonte eléctrica 8: Unidade de almaceamento óptico 9: Disco duro 10: Teclado 11: Rato Aínda que as tecnoloxías empregadas nas computadoras dixitais cambiaron moito desde que apareceron os primeiros computadores nos anos 40, a maioría aínda utilizan a arquitectura von Neumann, proposta polo matemático John von Neumann. A arquitectura von Neumann describe un ordenador con 4 seccións principais: a unidade lóxica e aritmética (ALU), a unidade de control, a memoria, e os dispositivos de entrada e saída (E/S). Estas partes están interconectadas por un conxunto de cables denominados buses. Neste sistema, a memoria é unha secuencia de celas de almacenamento numeradas, onde cada unha é un bit ou unidade de información. A instrución é a información necesaria para realizar o que se desexa coa computadora e as celas conteñen os datos que se necesitan para levar a cabo as instrucións. A unidade lóxica e aritmética, ou ALU, é o dispositivo deseñado e construído para levar a cabo as operacións elementais como as operacións aritméticas (suma, resta), operacións lóxicas (E, Ou, Non), e operacións de comparación. Nesta unidade é onde se fai todo o traballo computacional. A unidade de control segue a dirección das posicións en memoria que conteñen a instrución que a computadora vai realizar nese momento; recupera a información poñéndoa na ALU para a operación que debe desenvolver. Transfire logo o resultado ás ubicacións apropiadas na memoria. Unha vez que ocorre o anterior, a unidade de control vai á seguinte instrución e repite o procedemento. Os dispositivos E/S serven á computadora para obter información do mundo exterior e devolver os resultados de procesar a devandita información. Hai unha gama moi extensa de dispositivos E/S coma por exemplo os teclados, monitores e unidades de disco flexible. [editar] Véxase tamén
|