|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
OktoberfestO Oktoberfest é un festival de cervexa e unha feira de produtos e diversións celebrada orixinalmente en Múnique (München, Minga), no estado de Baviera (Bayern), no sur da Alemaña, e diseminada por varios lugares do mundo. En Múnique, o Oktoberfest comeza a mediados de setembro e termina dúas semanas máis tarde, no primeiro domingo de outubro - daí o seu nome Oktoberfest (En alemán, "Oktober" significa outubro, e "Fest", festa ou festival). A comunidade galega de Múnique participa cunha carroza alusiva a temas galegos. [editar] O festivalO Oktoberfest atrae a máis de 6 millóns de visitantes, que proveñen en gran parte do estranxeiro, de países como Italia, Estados Unidos, Xapón, Australia e ultimamente de Asia e África. Nos últimos anos se puxo de moda asistir cos traxes típicos de Baviera, de modo que os visitantes vístense de lederhosen (pantalóns curtos de pel) os homes e de dirndl (traxe tradicional) as mulleres. O acontecemento máis importante durante a festa é o desfile de vestidos típicos do Oktoberfest, unha manifestación costumista, e o paso dos Schützen (tiradores). Isto ten lugar cada ano durante o primeiro domingo. Outros acontecementos pintorescos co desfile dos cervexeiros, e a apertura oficial do primeiro bocoi de cervexa polo alcalde de Múnique. Para o Oktoberfest os cervexeiros de Múniqu fabrican unha cervexa especial (Wiesnbier) con maior contido de alcohol que as cervexas convencionais en Alemaña. Un problema é o consumo excesivo de alcohol. Para evitar que se convirta nalgo cuspido a un Ballermann como Mallorca ou unha festa do tipo spring-break de universitarios, os responsables desenvolveron a estratexia do ruhigen wiesn (prado tranquilo). Os concesionarios das carpas de venda de cervexa están obrigados a tocar música de banda tradicional ata as 18 horas e cun volume máximo de 85 db. Na noite tócanse éxitos do momento e música pop. Con estas medidas mantense ao Oktoberfest como unha festa atractiva para familias e visitantes anciáns e ademais, conservouse a atmosfera orixinal. [editar] HistoriaA primeira Oktoberfest de Múnique, en 1810, nada tiña a ver coa multitude de turistas, enormes vasos de cervexa e o parque de atraccións da actual festa na capital da Baviera. Naquela época, foi instituída unha corrida de cabalos para conmemorar o casamento do príncipe herdeiro Luís, mais tarde rei Luís I da Baviera, coa princesa Teresa de Saxe-Hildburghausen. A festa, para a cal estaban convidados todos os moradores de Múnique, aconteceu nun parque lonxe do centro, bautizado Theresienwiese, en homenaxe á noiva. Aínda hoxe, é neste mesmo parque que acontece a Oktoberfest de Múnique. O final e ao mesmo tempo punto alto da festa era a corrida de cabalos, coa presenza da familia real de Baviera. O enorme éxito fixo que fose marcada outra festa para Outubro do ano seguinte, e así comezou a tradición. O festival de Munique é o maior do mundo. Anualmente, perto de seis millóns de visitantes participan no festival e na feira en Múnique. Coa emigración dos alemáns, a festa mais popular da Alemaña espallouse polo planeta. Hoxe existen Oktoberfest en diversos países, como: Arxentina, Brasil, Estados Unidos, Hong Kong, Italia, Vietnam, entre outros. [editar] Próximos Oktoberfests
|