|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
LunsO luns é o primeiro día da semana. O termo "luns" vén do latín Lunae dies, ou "día da Lúa". Durante os últimos anos desprazou en moitos falantes o nome orixinal galego "Segunda-feira" por influencia do nome castelán donde foi introducido na lingua.
[editar] Nomes noutras linguas:
[editar] O luns na cultura popularO día indicado para cortarse as uñas é o luns, porque así non se sofre de dores de cabeza ou dores de moas . [editar] RefraneiroMozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo. O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa. O mariñeiro, o domingo, bo zapato e boa media, e o luns pola mañanciña vai descalzo pola area. [editar] CantigueiroCásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda. Cásate Xan en domingo, / estarás o luns de voda / e o martes traballarás / para que folgue túa dona. Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén, / de mañán en oito días / éche a semana que vén. Hoxe é sábado alegre, / mañán domingo trunfante, / pasado é lunes triste / para el pobre ‘trabajante’. O mariñeiro o domingo / bo zapato e boa media, / o luns pola mañanciña / vai descalzo pola area. [editar] Días da semana:Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo [editar] Palabras relacionadas: |