Julieta Venegas

Julieta Venegas

Julieta Venegas{{{caption}}}
Información
Orixe Tixuana (Baixa California), mexicana
País México
Período 1985 - actualidade
Xénero(s) Pop
Selo(s) discográfico(s)
Membros
Antigos membros
Web oficial www.julietavenegas.net

Julieta Venegas Percevault (Long Beach, California, Estados Unidos - 24 de novembro de 1970) é unha compositora e cantante mexicana, que se criou e creceu en Tixuana, Baixa California, México. Nos últimos anos da súa relativamente longa carreira musical, logrou posicionarse coma unha das cantautoras máis destacadas dentro do panorama do Pop Latino

Índice

[editar] Biografía

Filla de fotógrafos, aos oito anos de idade comezou a estudar piano clásico como un pasatempo. Tras amosar grande interese pola música e co soño de se converter en directora de orquestra, continuou os seus estudos de teoría musical, practicando piano e violoncello (Escuela de Música del Noroeste, Tixuana; Southwestern College, San Diego).

Combinando os seus estudos de preparatoria coa súa formación musical, Julieta foi invitada a unirse ao grupo de reggae/ska Chantaje, o cal posteriormente convertiuse en Tijuana No. Durante a súa participación na banda, e en colaboración con Álex Zúñiga, compuxo a canción "Pobre de ti", que se convertería na máis popular da agrupación.

"Sirenas del corazón", de Edward Coward, foi a primeira obra teatral que Julieta Venegas musicalizou. Despois de colaborar con diferentes grupos, Julieta instalouse na Cidade de México. En 1995 foi invitada a compoñer a música da obra teatral "Calígula probablemente" de Francisco Franco.

Tras formar outro grupo chamado "Lula", Julieta aprendeu a tocar o acordeón e empezou a compoñer nel as que despois serían as cancións do seu primeiro disco, Aquí. Pouco despois de desintegrarse o grupo, Julieta comenzou a presentarse en vivo como solista. Neste período, comezou (coa participación de Fratta e Rafa González) un novo proxecto máis persoal chamado "La Milagrosa" (tomado dun libro do mesmo nome obra de Carmen Boullosa), un seudónimo co que a xente comezou a recoñecer a Julieta. Esta confusión semántica levou a Julieta a lanzar Aquí simplemente como un álbume de “Julieta Venegas”. Durante o desenvolvemento deste proxecto, Julieta tivo unha participación vocal no disco "Acústico desliz" de Fratta, no cal tamén tomaron parte Ely Guerra e Rita Guerrero.

Co apoio de BMG, Julieta finalmente gravou o seu primeiro disco solista baixo a produción de Gustavo Santaolalla. Editado en 1997, "Aquí" colocou a Julieta Venegas como unha proposta inédita no ámbito da música popular en México.

Tras darse a coñecer a nivel internacional, Julieta recibiu un grande número de invitacións a colaborar con diferentes músicos e intérpretes latinoamericanos. Como exemplos destes podemos citar a Sasha Sökol, Enanitos Verdes, Sr González, Los Tres, Liquits, Cartel de Santa, Eugenia León e Enrique Bunbury.

En 1998, participou na xira De diva voz xunto a Ely Guerra e Aurora y la Academia, presentándose en diferentes localidades de México e Estados Unidos. Pouco despois, presentouse na xira Calaveras y diablitos ao lado de Aterciopelados e Los Fabulosos Cadillacs en España.

A participación en festivais internacionais aumentou ao ano seguinte, ao presentarse Julieta no Festival Midem Américas (en Miami), Generación Ñ (en España), Rock Al Parque de Bogotá (en Colombia) e Festival “El Hatillo (en Venezuela).

En 1999, apareceu na versión para México do video Infinito de Bunbury.

No ano 2000, Mastretta convidouna a participar no seu disco Luna de miel, que consistía en doce cancións interpretadas por doce vocalistas femininas de diferentes países. Posteriormente, tamén contribuiu con tres cancións á banda sonora de ‘‘En el país de No Pasa Nada’’.

Pouco despois, Julieta Venegas escribiu e gravou para a cinta Amores perros el tema Amores perros me van a matar. A produción desta canción correu a cargo de Emmanuel del Real e Quique Rángel (de Café Tacuba), quen tamén participaron no seu seguinte álbume, Bueninvento.

‘’Bueninvento’’, producido tamén por Gustavo Santaolalla e Joe Chicarelli, foi lanzado en setembro do ano 2000. Trece dos catorce temas eran da autoría de Julieta Venegas.

Nese mesmo ano, participou no Arezzo Wave Love en Italia, onde cantou unha versión da canción “Amores perros...” en italiano.

En 2002, o cantautor Víctor Manuel chamouna ofrecéndolle participar nun disco homenaxe a Joaquín Sabina xunto con outras mulleres. Cantou "Corre dijo la tortuga".

A finais do ano 2003, lanzou o álbume , que ata entón fora o seu maior éxito comercial, o que lle permitiu abarcar un mercado máis amplo. Vendeu máis de medio millón de copias.

En 2004 colaborou no disco "Neruda en el corazón" xunto con artistas da talla de Serrat, Pablo Milanés ou Ana Belén. Encargouse de poñer música ao poema "A callarse".

Julieta participou, xunto con Paulina Rubio, na canción "Nada fue un error" do arxentino Coti. En 2006 viaxou cara Bos Aires onde realizou durante aproximadamente 3 meses a gravación do álbume Limón y Sal; o seu primeiro single foi Me voy.

En xuño de 2006 participou en España no festival MTV Day xunto a Amaral e Keane, entre outros, e dous días máis tarde o da celebración do corenta aniversario da radiofórmula Los 40 Principales, onde cantou Me voy e Nada fue un error xunto a Coti. Participou na serie Yo soy Bea.

[editar] Ideoloxía

[editar] Declaracións políticas

En maio de 2007, Julieta Venegas declarouse a favor da lei en México que despenalizou o aborto antes das dúas semanas de embarazo: "Estou totalmente de acordo coa despenalización do aborto, porque é un tema de saúde. As mulleres teñen dereito a elixir sobre as súas vidas... é un gran paso". A declaración sumouse á de outros artistas de opinión similar.

[editar] Discografía

[editar] Albums

[editar] Sinxelos

[editar] Referencias

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

BWin Wszystko do ślubu i wesela Kawa prace magisterskie Stal newsy it Opisy drzwi zewnętrzne warszawa Detox Vision nieruchomości rzeszów Kredyty mieszkaniowe Nieruchomości programy zakopane kwatery biuro podróży kick koparki Bułgaria wczasy Karaoke tani kredyt hipoteczny COOLsurf