|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Granada, España
Granada é unha cidade española, capital da provincia homónima, no territorio histórico de Granada. Conta cunha poboación de 238.292 habitantes (01/01/2004) e de 450.000 na sua área metropolitana que se estiende pola Veiga de Granada. Está situada aos pés de Serra Nevada, na confluencia dos ríos Genil, Darro e Beiro, cunha altitude media de 700 m sobre o nivel do mar. Ao bordo dunha fértil planicie, a Veiga de Granada, que está rodeada por tres macizos montañosos.
[editar] Orixe etimolóxicaForon os zirís os que no século XI trasladaron a capital de Medina Elvira até Medina Garnata, nome que lle foi dado en referencia á fruta do mesmo nome que abundaba naquela rexión. [editar] Historia[editar] Historia AntigaPoboada desde tempos iberos ( século VIII a.C.) segundo parece co nome Ilturir, ten contacto coa cultura de Tartesos e cos pobos Bastetanos. Consérvanse restos de murallas defensivas do século VI a. C. do asentamento que cambiou o seu nome por Iliberri, que se manten até a súa sumisión aos romanos en 193 a.C.. Os romanos chamáronlle Iliberis. [editar] Idade MediaA cidade forma parte do Reino Visigodo de Toledo até que en 711, Tarik somete Iliberis. En 713 Abdelaziz conquista definitivamente o territorio despois de sofocar unha rebelión. En 740 hai unha rebelión dos bereberes africanos. Tropas sirias acoden a loitar contra eles. En España conseguen vencer os sirios. Outórganselles terras en varios lugares, entre outros en Elvira. En 756, a poboación moura definese no asentamento de dous núcleos (é a época do Emirato Independente): o Albayzín e A Alhambra. Foi un importante centro urbano de Al-Andalus, formou parte do Califato de Cordoba como Madina Ilbira ou de Elvira. Coa chegada dos zirís no século XI, trasládase a cidade desde Medina Elvira —no chan— até Medina Garnata —nos outeiros—, o seu primitivo e actual emprazamento na aba do Albayzín. En 1010 produciuse a destrución da cidade, feito que xa se coñece como Garnata. Sucede un período de continuas guerras civís por acadar o trono. En 1013 chega ao poder a dinastía dos zirís, fundada por Zawi ben Zirí, procedente de África. Continúan as guerras por conseguir o poder. En 1035 é xa un Reino de Taifas. En Granada a maioría son bereberes. Despois ven a dominación dos almorávides e hai moitas loitas internas. A pesar disto, o desenvolvemento continúa. En 1146 chaman na sua axuda, e para a loita contra os reinos cristiáns, aos almohades. Granada segue desenvolvéndose en boa medida. A batalla das Navas de Tolosa significa un desastre para os almohades e como consecuencia desenvólves unha grande anarquía. Até que no ano 1232 entra en Granada pola Porta de Elvira e para ocupar o Palacio do Galo do Vento (antiga casa real), Mohamed ibn Yusuf ibn Nâzar (ou Nasr), chamado Alhamar (o Roxo, porque tiña a barba de cor roxa). Funda a dinastía Nazarí e o Reino de Granada. Houbo 20 sultáns granadinos desta dinastía. O último foi Boabdil. Granada converteuse nunha das cidades máis prósperas de Europa. Baixo o reinado de Alhamar construise o Palacio da Alhambra (non o que vemos agora porque o seu aspecto actual débese a Iusuf I e Mohamed V, século XIV). No Albayzín vivían os artesáns e a nobreza. A poboación ocupou a parte máis baixa cara o sur, con grandes industrias, alfándegas e a "Madraza" (Universidade relixiosa e de ensinanzas coránicas). No Realexo vivía o barrio xudeu. Tiñan unha base sólida e económica. Estes tiñan o seu barrio granadino na banda esquerda do río Darro. Foron identificados como "Garnata al-Yahud". Cando chegaron os reis cristiáns, renomeárono co nome actual do Realexo. O máis significativo que ten o barrio é o Campo do Príncipe, mandado construir polos Reis Católicos para o gozo das festas do seu fillo "Juan", aínda que a súa vida foi curta e non se puido gozar nada. [editar] Idade Moderna[editar] Idade Contemporánea[editar] ClimaO clima de Granada é mediterráneo continental. As temperaturas son frescas no inverno, con abundantes xeadas, e temperadas no verán, con máximas que sobrepasan moitas veces os 35ºC. A oscilación térmica é moi alta durante todo o ano superando moitas veces os 20º nun día. As precipitacións son escasas e prodúcense sobre todo nos meses máis fríos, presentando unha forte seca estival.
As temperaturas máximas de Granada foron os 42,6º do 22 de xullo de 1995, 41,6º do 2 de agosto de 1988 e 41,5º do 27 de xuño de 2004. Canto á temperatura mínima, os -14,2º do 16 de xaneiro de 1987 e os -11,0º do 28 de xaneiro de 2005. [editar] Cultura
O Palacio de Carlos V na Alhambra.
En Granada encontramos a famosa Alhambra, unha fortaleza e palacio andalusí, declarada patrimonio da humanidade pola UNESCO en 1984, xunto co Xeneralife e o barrio do Albayzín. Esta riqueza histórica, fruto da triple influencia musulmá, xudía e cristiá, fan de Granada un importante centro turístico e cultural de España. A Universidade de Granada, fundada por Carlos I en 1531, é unha das máis prestixiosas do país, e conférelle á cidade un ambiente estudiantil e a sua popular vida nocturna. Conta con case 60.000 estudantes (censo universitario das eleccións a reitor do ano 2003). San Cecilio é o patrón da cidade de Granada. A sua onomástica é o 1 de febreiro. Foi bispo de Granada e mártir no século I. [editar] ArteA mediados do século XIII, cando Fernando III o Santo conquistou Córdoba e Sevilla, os artistas musulmáns refuxiáronse en Granada e norte de África. Os seus descendentes e a súa tradición deron forma ao estilo granadino que na Alhambra é a culminación da arte árabe norteña que non se realizou até mediados do século con Iusuf I e Mohamed V en 1333 e 1354. Granada non ten arte califal que sexa anterior aos alhamares. [editar] Monumentos e lugares de interese[editar] Alhambra[editar] Albaicín[editar] Catedral[editar] Cartuxa[editar] Praza das PasiegasEstá situada ao oeste da catedral, frente á sua fachada principal. O seu nome debese ás mulleres procedentes da comarca do Pas, en Cantabria, que chegaron durante o século XVII e que se reunían nese lugar para oferecer os seus servizos de nodrizas. Despois da guerra dos mouriscos e a súa expulsión, Filipe III concedeulles a estas xentes do norte de España, terras para repoboar a zona das Alpuxarras e Granada, lugares que naquel entón ficaran bastante desertos. É por isto polo que a maioría dos actuais granadinos procedan de galegos, cántabros, vascos, navarros e aragoneses, a diferenza dos andaluces occidentais, que son descendentes de leoneses, casteláns e manchegos. [editar] AlcaldesPor orde cronolóxica:
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||