George Washington

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Washington (homónimos).
Washington cruza o Delaware
Washington cruza o Delaware

George Washington (Wakefield, condado de Westmoreland, Virxinia 1732-Mount Vernon 1799) foi o primeiro presidente dos Estados Unidos e heroe da independencia.

Washington era un rico cultivador de tabaco e enxeñeiro agrónomo. Serviu como oficial de milicias na guerra franco-india -contra os franceses- e dirixiu o ataque contra Fort Duquesne en 1758. Xurdidas as diferencias coa metrópole (Inglaterra, o rei Xurxo III subira aínda máis os impostos), propugnou a desobediencia civil primeiro e a emancipación despois.

O Congreso de Filadelfia nomeouno xeral en xefe do Exército Continental. Venceu ós xerais ingleses: Clinton, Cornwallis, Bourgoyne e Howe. Finalmente, en 1783, Inglaterra recoñeceu á Unión de Estados como novo país. En 1789, tralas primeiras eleccións, Washington gañou e foi nomeado presidente. En 1793 foi reelixido. Tralo seu segundo mandato retirouse á vida privada en Mount Vernon.

O seu goberno sentou as bases políticas e xurídicas do seu país e mostrouse contrario a toda intervención en Europa.

Un estado e a cidade capital daquel país levan o seu nome coma homenaxe.

Personalidades en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen outros artigos con biografías que tamén cómpre ampliar.



Predecesor:
Ninguén
(Guerra de Independencia Americana)

Presidente dos Estados Unidos de América

1789 - 1797
Sucesor:
John Adams
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:



Sprzedaż domen lodówki electrolux Wierszyki życzenia teksty sms ABS W SAMOCHODACH DAEWOO Kredyt przez internet Free mp3 download ebarok narkomania wpaster Teledyski winamp Pozycjonowanie strony www Skuteczne Pozycjonowanie kowalstwo artystyczne Daemon Tools kick koparki Bułgaria wczasy Karaoke tani kredyt hipoteczny COOLsurf