|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
FotónO fotón é o cuanto de radiación electromagnética. Ven representado por unha función de ondas simétrica, polo que se di que é un Bosón. Non posúe masa en repouso. Ten unha enerxía directamente relacionada coa súa frecuencia pola ecuación: E = hf. Ademais posúe un momento: p = m / c. A disciplina da física que trata o seu comportamento de xeito rigoroso é a electrodinámica cuántica. Outras pólas da física abordan este tratamento en determinadas condicións que permiten aproximacións e a construción de modelos adecuados. Unha destas deriva do seu nome: a fotónica. É unha disciplina relacionada co estudo do seu comportamento no rango de frecuencias ópticas, especialmente os aspectos relacionados coa súa interacción coa materia, e que se pode considerar coma unha importante póla da óptica. Confúndese a miúdo coa denominada optoelectrónica.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||