|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Filipinas - Pilipinas
As Filipinas son un vasto arquipélago delimitado polo Mar das Filipinas a leste, Mar das Celebes e Mar de Sulu a sur e Mar da China Meridional a oeste. O Estreito de Luzon, a norte, separa as Filipinas de Taiwan, o Estreito de Balabac, a sudoeste, é unha das fronteiras marítimas coa Malasia, e hai tamén fronteira marítima coa Indonesia, ao sur. Tamén Palau se situa nas imediacións, para sueste. Capital: Manila.
[editar] Historia
[editar] Política
As Filipinas son unha república presidencialista organizada como un estado unitario. O presidente é o xefe de estado e tamén o xefe de goberno, e é eleito pola poboación para un periodo de 6 anos. [editar] Subdivisións
As Filipinas están organizadas nunha hierarquía de unidades de goberno local, en que a provincia é a unidade primaria. As provincias subdividense en cidades e municipios que, á súa vez, se compoñen de “barangays”, que son a máis pequena unidade de goberno. Ten oitenta e un provincias, 131 cidades, 1,497 municipios, e 41,994 barangays. As provincias encontranse agrupadas en 17 rexións administrativas, onde os diversos ministerios establecen escritorios rexionais, mais non ten un goberno local separado, coa excepción da Rexión Autónoma Musulmana de Mindanao (Autonomous Region in Muslim Mindanao ou ARMM) e Cordillera. Á súa vez, varias rexións xuntanse en grupos de illas:
[editar] Xeografía
As Filipinas son un arquipélago de 7107 illas cunha área terrestre total de preto de 300 mil km², localizadas entre as lonxitudes 116° 40' e 126° 34' E e as latitudes 4° 40' e 21° 10' N, entre Taiwan, a norte, o Mar das Filipinas a leste, o Mar das Celebes, a sur e o Mar da China Meridional a oeste. As illas costuman ser divididas en tres grupos: Luzon, a norte, Visayas, no centro e Mindanao, no sur. O movido porto de Manila, en Luzon (que é a maior illa), é a capital do país e a súa segunda maior cidade, despois de Cidade Quezon. O clima é quente, húmido e tropical. A temperatura media anual ronda os 26,5 ºC. Os filipinos costuman falar de tres estacións: o Tag-init ou Tag-araw (a estación quente, ou verán, que dura de Marzo a Maio), o Tag-ulan (a estación chuviosa entre Xuño e Novembro) e o Tag-lamig (a estación fría, de Decembro a Febreiro). A maior parte das acidentadas illas estaba orixinalmente coberta por florestas húmidas. A orixe das illas é vulcánica. O ponto máis elevado é o monte Apo en Mindanao, con 2954 n. Moitos dos vulcáns do país, como o Pinatubo, están activos. O país está tamén integrado na rexión de tifóns do Pacífico occidental e é atinxido por unha media de 19 tifóns por ano. Gran parte das illas encóntranse nunha placa tectónica encravada entre as placas Euroasiática e do Pacífico - a Placa das Filipinas. [editar] Economía
[editar] Mapas e imaxes
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||