|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Ferro
O ferro ( do latín ferrum) é un elemento químico, símbolo Fe, de número atómico 26 (26 protóns e 26 electróns ) e masa atómica 56 u. Á temperatura ambiente, o ferro atopase no estado sólido. É extraído da natureza baixo a forma de mineral de ferro que, despois de pasado para o estadío de ferro-gusa, a través de procesos de transformación, é usado na forma de lingotes. Adicionandose carbono dáse orixe a varias formas de aceiro. Este metal de transición é atopado no grupo 8 ( 8B ) da Clasificación Periódica dos Elementos. É o cuarto elemento máis abundante da crosta terrestre (aproximadamente 5%) e, entre os metais, somente o aluminio é máis abundante. É un dos elementos máis abundantes do Universo; o núcleo da Terra é formado principalmente por ferro e níquel ( NiFe ), xerando un campo magnético. O ferro ten sido historicamente importante, e un período da historia recebeu o nome de Idade do ferro. O ferro, actualmente, é utilizado extensivamente para a produción de aceiro, liga metálica para a produción de ferramentas, máquinas, vehículos de transporte ( automobeis, navios, etc ), como elemento estrutural de pontes, edificios, e infinidade doutras aplicacións.
[editar] Características principaisÉ un metal maleábel, tenaz, de colorazón cinza prateado presentando propriedades magnéticas; é ferromagnético a temperatura ambiente. Atópase na natureza facendo parte da composición de diversos minerais, entre eles moitos óxidos e raramente é atopado libre. Para obterse ferro no estado elementar, os óxidos son reducidos con carbono, e inmediatamente son submetidos a un proceso de refinación para retirar as impurezas presentes. Fundamentalmente é empregado na produción de aceiros, que son ligas metálicas de ferro con outros elementos, tanto metálicos canto non metálicos, que conferen propriedades distintas ao material. É considerada aceiro unha liga metálica de ferro que contén menos de 2% de carbono; se a percentaxe é maior recebe a denominación de fundición. É o elemento máis pesado que se produce exotermicamente por fusión, e o máis leve producido por fisión, debido ao feito do seu núcleo ter a máis alta enerxía de ligación por nucleon, que é a enerxía necesaria para separar do núcleo un neutron ou un próton. Polo tanto, o núcleo máis estábel é o do ferro-56. Apresenta diferentes formas estruturais dependendo da temperatura:
[editar] AplicaciónsO ferro é o metal máis usado, con 95% en peso da produción mundial de metal. É indispensábel debido ao seu baixo prezo e dureza , especialmente empregado en automobeis, barcos e componentes estruturais de edificios. O aceiro é a liga metálica de ferro máis coñecida, sendo este o seu uso máis frecuente. As ligas férreas presentan unha grande variedade de propriedades mecánicas dependendo da súa composición e do tratamento que se ten aplicado.
[editar] HistoriaTense indicios do uso de ferro, seguramente procedente de meteoritos, catro milenios a.C., polos sumerios e exipcios. Entre dous e tres milenios antes de Cristo foron aparecendo cada vez máis obxetos de ferro (que se distingue do ferro proveniente dos meteoritos pola ausencia de níquel) na Mesopotamia, Anatolia e Exipto. Mentres tanto, o seu uso parece ser cerimonial, por ter sido un metal moito caro, máis que o ouro. Algunhas fontes suxeren que talvez era obtido como subproduto da obtención do cobre. Entre 1600 e 1200 a.C., observase un aumento do seu uso no Oriente Medio, porén non foi usado para substituir o bronce. Entre os séculos XII e X antes de Cristo, ocorreu unha rápida transición no Oriente Medio na substitución das armas de bronce para as de ferro. Esta rápida transición talvez teña ocorrido debido a unha escasez de estaño , e debido a unha melloría na tecnoloxía en traballar co ferro. Este período, que ocorreu en diferentes ocasións segundo o lugar, denominouse Idade do ferro, substituindo a Idade do bronce. Na Grecia iniciouse en torno do ano 1000 a.C., e non chegou á Europa occidental antes do século VII a.C.. A substitución do bronce polo ferro foi paulatina, pois era difícil producir pezas de ferro: localizar o mineral, extraílo, proceder a súa fundición a temperaturas altas e despois forxálo. Na Europa central, surxiu no século IX a.C. a "cultura de Hallstatt" substituindo a "cultura dos campos de urnas", que se denominou "Primeira Idade do Ferro", pois coincide coa introdución do uso deste metal. Aproximandose do ano 450 a.C., ocorreu o desenvolvimento da "cultura da Tène", tamén denominada "Segunda Idade do Ferro". O ferro era usado en ferramentas, armas e xóias, aínda que seguese atopando obxetos de bronce. Xunto con esta transición de bronce ao ferro descobriuse o proceso de "carburazón", que consiste en adicionar carbono ao ferro. O ferro era obtido misturado coa escoria contendo carbono ou carbetos, e era forxado retirandose a escoria e oxidando o carbono, criandose así o produto xa cunha forma. Este ferro contiña unha cantidade de carbono moito baixa, non sendo posíbel endurecélo con facilidade ao esfriálo en auga. Observouse que se podia obter un produto moito máis resistente aquecendo a peza de ferro forxado nun leito de carbón vexetal, para entón submerxilo na auga ou óleo. O produto resultante, presentando unha capa superficial de aceiro, era máis duro e menos fráxil que o bronce. Na China, o primeiro ferro utilizado tamén era proveniente dos meteoritos. Foron atopados obxetos de ferro forxado no noroeste, perto de Xinxiang, do século VIII a.C.. O procedimento utilizado era o mesmo que o usado no Oriente Medio e na Europa. Nos últimos anos da Dinastia Zhou (550 a.C.), na China, se conseguiu obter un produto resultante da fusión do ferro (ferro fundido). O mineral atopado alí presentaba un alto contido de fósforo, co cal era fundido en temperaturas menores que as aplicadas na Europa e outros lugares. Todavia, durante moito tempo, ata a Dinastía Qing (aos 221 a.C.), o proceso non tivo unha grande repercusión. O ferro fundido levou máis tempo para ser obtido na Europa, pois non se conseguia a temperatura necesaria. Algunhas das primeiras amostras foron atopadas na Suecia, en Lapphyttan e Vinarhyttan, de 1150 a 1350 d.C. Na Idade Media, e ata finais do século XIX, moitos países europeos empregaban como método siderúrxico a "farga catalana". Se obtiña ferro e aceiro de baixo carbono empregandose carbón vexetal e o minerio de ferro. Este sistema xa estaba implantado no século XV, conseguindose obter temperaturas de ata 1200 ºC. Este procedimento foi substituído polo emprego de altos fornos. No principio se usaba carbón vexetal para a obtención de ferro como fonte de calor e como axente redutor. No século XVIII, na Inglaterra, o carbón vexetal comezou a escasear e tornarse caro, iniciandose a utilización do coque, un combustíbel fósil, como alternativa. Foi utilizado pola primeira vez por Abraham Darby, no ínicio do século XVIII, construindo en Coalbrookdale un "alto forno". Mesmo así, o coque só foi empregado como fonte de enerxía na Revolución industrial. Neste período a demanda foi se tornando cada vez maior debido a súa utilización, como por exemplo, en estradas de ferro. O alto forno foi evoluindo ao longo dos anos. Henry Cort, en 1784, aplicou novas técnicas que melloraron a produción. En 1826 o alemán Friedrich Harkot construiu un alto forno sen cachotería para humos. A fins do século XVIII e inicio do século XIX comezouse a empregar amplamente o ferro como elemento estrutural en pontes, edificios e outros. Entre 1776 e 1779 se construiu a primeira ponte de ferro fundido por John Wilkinson e Abraham Darby. Na Inglaterra foi empregado pola primeira vez o ferro na construción de edificios por Mathew Boulton e James Watt, no principio do século XIX. Tamén son coñecidas outras obras deste século, como por exemplo, o "Palacio de Cristal" construído para a Exposición Universal de 1851 en Londres, do arquiteto Joseph Paxton, que ten unha armación de ferro, ou a Torre Eiffel, en París, construída en 1889 para a Exposición Universal, onde foron utilizadas millares de toneladas de ferro. [editar] Abundancia e obtenciónÉ o metal de transición máis abundante da crosta terrestre, e cuarto de todos os elementos. Tamén abunda no Universo, havendose atopados meteoritos que conteñen este elemento. O ferro é atopado en numerosos minerais, destacandose: A hematita (Fe2O3), a magnetita (Fe3O4), a limonita (FeO(OH)), a siderita (FeCO3), a pirita (FeS2) e a ilmenita (FeTiO3). Podese obter o ferro a partir dos óxidos con maior ou menor teor de impurezas. Moitos dos minerais de ferro son óxidos. A redución dos óxidos para a obtención do ferro é efetuada en fornos denominados alto forno ou forno alto. Nel son adicionados os minerais de ferro, en presenza de coque, e carbonato de cálcio, CaCO3 , que atua como escorificante. No alto forno ocorren as seguintes reacións:
O coque reaxe co oxixenio producindo gas carbonico (dióxido de carbono):
O dióxido de carbono reducese formando monóxido de carbono:
Nun proceso contrario, o monóxido pode oxidarse con oxixenio reproducindo o gas carbonico:
O proceso de oxidación do coque con oxixenio libera enerxía. Na parte inferior do alto forno a temperatura pode alcanzar 1900 ºC .
Inicialmente, os óxidos de ferro son reducidos na parte superior do alto forno, parcial ou totalmente, co monóxido de carbono, xa producindo ferro metálico. Exemplo: redución da magnetita:
Posteriormente, na parte inferior do alto forno, onde a temperatura é máis elevada, ocorre a maior parte da redución dos óxidos co coque (carbono):
O carbonato de calcio se decompoen:
e o dióxido de carbono é reducido co coque a monóxido de carbono, como visto acima. Na parte máis inferior do alto forno ocorre a carburazón:
Finalmente ocorre a combustán e a desulfurazón (eliminación do xofre) debido á inxeción de ar no alto forno, e por último son separadas as fracións: a escoria do ferro fundido, que é a materia-prima empregada na industria. O ferro obtido pode conter moitas impurezas non desexabeis, sendo necesario submetélo a un proceso de refinación que pode ser realizado en fornos chamados convertidores. En 2000, os cinco maiores países produtores de ferro eran a China, o Brasil, a Australia, a Rúsia e a Índia, con 70% da produción mundial. [editar] Compostos
[editar] Papel biolóxicoO ferro é practicamente atopado en todos os seres vivos e cumpre numerosas e variadas funcións.
Os animais para transportar o ferro dentro do corpo empregan proteínas chamadas transferrinas. Para armacenálo empregan a ferritina e a hemosiderina. O ferro entra no organismo absorvido no intestino delgado e é transportado e armacenado por esas proteínas. A maior parte do ferro é reutilizada e un pouco é excretado. Tanto o exceso como a deficiencia de ferro poden causar problemas no organismo. O envenenamento por ferro é chamado de hemocromatose. Nas transfusións de sangue son usados ligantes que forman co ferro complexos de alta estabilidade, evitando que ocorra unha queda demasiada de ferro libre. Estes ligantes son coñecidos como sideróforos. Moitos organismos empregan estes sideróforos para captar o ferro que necesitan. Tamén poden ser empregados como antibióticos, pois non permiten ferro libre disponíbel. [editar] IsótoposO ferro ten catro isótopos estabeis naturais: 54Fe, 56Fe, 57Fe e 58Fe. As proporcións relativas destes isótopos na natureza son aproximadamente: 54Fe ( 5,8% ), 56Fe ( 91,7% ), 57Fe (2,2%) e 58Fe ( 0,3% ). [editar] PrecauciónsO ferro en exceso é tóxico. O ferro reacciona con peróxido producindo radicais libres. A reación máis importante é:
Cando o ferro se atopa nos niveis normais, os mecanismos antioxidadantes do organismo poden controlar este proceso. A dose letal de ferro en nenos de 2 anos é de 3 gramos. 1 gramo pode provocar un envenenamento importante. O envenenamento por ferro é denominado hemocromatose. O ferro en exceso se acumula no fígado provocando danos neste órgao. [editar] Véxase tamén[editar] Ligazóns Externas
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||