|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Dinosauro
[editar] IntroduciónHistoricamente a denominación do grupo, Dinosauria, foi creada polo paleontólogo e anatomista inglés Richard Owen en abril de 1842 na versión impresa dunha conferencia do 2 de agosto de 1841 en Plymouth, Inglaterra, sobre fósiles británicos de réptiles. O grupo foi erixido para agrupar os entón descubertos Iguanodon, Megalosaurus e Hylaeosaurus. A pesar da natureza fragmentaria dos fósiles, Owen puido recoñecer que eran bastante distintos dos réptiles (vivos e fósiles) ata entón coñecidos:
[editar] TaxonomíaVéxase tamén: Taxonomía dos dinosauros A super-orde Dinosauria subdividese en dúas ordes, de acordo coa estrutura da pelve e algunhas outras características anatómicas. Posto que os seus representantes se atopan só no estado fósil, coa probábel excepción das aves, a taxonomía deste grupo aínda é froito de discusión na comunidade científica. Como réptiles, eran ovíparos. Así e todo, moitos estudiosos dos seus fósiles coinciden en supoñelos animais de sangue quente. Este feito, como a súa peculiar estrutura ósea, levou a moitos investigadores a consideralos antecesores das aves modernas.
As ordes seguintes non forman parte da super-orde Dinosauria, mais conteñen réptiles xeralmente asociados aos dinosauros e vulgarmente confundidos con este grupo.
[editar] A extinción
Hai 65 millóns de anos houbo unha extinción en masa de especies animais e vexetais incluíndo os dinosauros. Diversas teorías tentan explicar ese feito, mais a máis probábel de todas é a de que un grande asteroide caeu na Terra e levantou a suficiente poeira na atmosfera para impedir que a luz do Sol chegase á superficie durante moitos anos, matando así moitas especies vexetais que necesitaban da fotosíntese para vivir e, como consecuencia, tamén aos dinosauros vexetarianos. Sen os dinosauros vexetarianos para comer, todos os carnívoros tamén acabaron morrendo, marcando así a fin da era dos dinosauros. Aínda que sexa moi probábel que a caída dun asteroide teña sido a causa da extinción dos dinosauros, hai polo menos dez teorías máis. [editar] Algunhas especiesVexa tamén: Lista de dinosauros Algunhas especies de dinosauros bastante coñecidas:
[editar] Paleontólogos famososAlguns dos paleontólogos máis famosos:
[editar] Ligazóns internas[editar] Ligazóns externas
|