|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
DereitoO Dereito é a orde normativa e institucional da conduta humana en sociedade inspirada en postulados de xustiza, baseado nas relacións sociais existentes que determinan o seu contido e carácter. Noutras palabras, é o conxunto de normas que regulamentan a convivencia social e permiten resolver os conflitos interpersoais. A anterior definición define o dereito positivo ou efectivo, mais non explica o seu fundamento; é por iso que xuristas, filósofos e teóricos do dereito levan proposto diversas definicións alternativas, sen que exista consenso, ata a data. O estudo do concepto do Dereito realízao unha das súas ramas, a Filosofía do dereito. Desde o punto de vista obxectivo, dise do conxunto de leis, regulamentos e demais resolucións, de carácter permanente e obrigatorio, criadas polo Estado para a conservación da orde social.
[editar] OrixeÉ de natureza controversa, sobre o tema os autores orientáronse a varias posturas, entre elas as de maior aceptacion acostuman ser as seguintes:
[editar] Fontes
Facultade de dereito da USC
Son a "alma" do Dereito, son fundamentos e ideas que axudan ao Dereito a realizar o seu fin. O Dereito Occidental (no Sistema Romano Xermánico ou Sistema de Dereito continental) tende a entender como fontes as seguintes:
Asimismo no marco do Dereito internacional, o Estatuto da Corte Internacional de Xustiza, enumera como fontes:
[editar] ContidoTradicionalmente, o Dereito dividiuse nas categorías de Dereito público e de Dereito privado. Porén, esta división foi amplamente criticada e na actualidade non ten tanta forza, ante a aparición de parcelas do Ordenamento xurídico nas que as diferenzas entre o público e o privado non son tan evidentes. Un dos expoñentes desta situación é o Dereito laboral, no que a relación privada entre traballador e empregador áchase fortemente intervenida por unha normativa pública. As diversas ramas xurídicas son as seguintes:
[editar] Véxase tamén[editar] Ligazóns Externas
|