|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Bosnia e Hercegovina - Босна и Херцеговина
Bosnia-Hercegovina é unha república federal dos Balcáns, resultante do desmembramento da Iugoslavia, que limita ao norte, oeste e sur coa Croacia, ao leste con Serbia, e ao surleste con Montenegro, dispoñendo aínda dunha minúscula extensión de litoral, no Mar Adriático.
[editar] Historia
Bosnia-Hercegovina dentro da ex-Iugoslavia
Densamente poboada durante o neolítico, a rexión da Bosnia e Hercegovina estivo habitada dende o século IV aC polos ilirios. No século III aC, o Imperio Romano incluíu este territorio como parte da provincia da Iliria. Eslavizada dende o século VII, formou parte do Imperio Bizantino. A primeira vez que se empregou o nome Bosníaca foi en 950, nun libro chamado De administrando imperio do emperador bizantino Constantino VII no que se consigna a Bosnia como parte do territorio dunha incipiente Croacia (o actual territorio de Bosnia era coñecido como a Croacia Vermella). No século XII fórmase un reino de Bosnia, que permanece independente ata 1463, cando é anexionada ao Imperio Otomán por Mehmet II. Coa chegada dos otománs, remata a idade media en Bosnia. A maioría dos habitantes aceptan o Islam como nova relixión, que ata hoxe segue sendo un factor social moi importante na Bosnia-Hercegovina. A maior parte do patrimonio cultural da Bosnia, como a Ponte de Mostar, proveñen dese período. Permaneceu baixo dominio turco ata 1878, coa excepción do período comprendido entre 1718 e 1739, en que estivo baixo control austríaco. No século XIX creceu a enimizade entre o sultán e o pobo, alentada polo triunfo nacionalista na veciña Serbia. A represión por Abdulhamit II das revoltas de 1875 provocarían a intervención rusa, que declarou a guerra ao Imperio Otomán en 1877. Rematado o conflito, o Congreso de Berlín outorgou en 1878 a administración do país ao Imperio Austrohúngaro. En 1878 Bosnia pasou a estar administrada polo Imperio Austrohúngaro que a anexionaría en 1908, formando parte deste ata a súa disolución en 1918, tralo final da Primeira Guerra Mundial que se iniciou co asasinato do arquiduque Francisco Fernando e a súa dona en Saraievo (véxase Atentado de Saraievo). Trala finalización da contenda integraríase no Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos, que en 1929 adoptou o nome de Iugoslavia. Durante a Segunda Guerra Mundial o territorio da Bosnia-Hercegovina foi anexionado polo estado fascista croata, entre 1941 e 1944. Derrotado o Eixo, volveu formar parte da Iugoslavia como unha das seis repúblicas constituíntes da República Popular Federativa. En 1992 proclamou a súa independencia tralo referendo do 1 de marzo de 1992. Os bosnianos (musulmáns) e os bosniocroatas (católicos) da Bosnia-Hercegovina apoiaron a independencia, máis a maioría dos serbobosnianos (ortodoxos) (un 30% da poboación), apoiados polo resto dos serbios da ex-Iugoslavia opuxéronse e comezaron a Guerra de Bosnia nun intento de creación da Gran Serbia. Nos primeiros anos desa guerra ocuparon un 70% do territorio bosniano de xeito violento - realizando a limpeza étnica. A guerra rematou coa Batalla de Bosnia Occidental e a derrota do exército serbobosnio que inmediatamente despois accederon a que Slobodan Milosevic asinase no seu nome os acordos de Dayton o 21 de novembro do 1995. O prezo da guerra foi enorme: 250.000 mortos e máis de 2,5 millóns de refuxiados. Actualmente a Bosnia-Hercegovina é un país encamiñado cara a súa unificación administrativa aínda que con grandes inestabilidades provocadas polos ultra-nacionalistas serbobosnianos. De momento segue sendo un crebacabezas territorial con diversos corpos de policía, poderes xudiciais separados, e asembleas distintas onde os partidos nacionalistas de cada unha das comunidades étnicas seguen conservando o poder, obstaculizando o seu acceso á Unión Europea (UE). [editar] XeografíaBosnia e Hercegovina sitúase nos Balcáns occidentais. A bordea Croacia no norte, oeste e sur, Serbia ó leste e Montenegro ó surleste. Ten unha minúscula saída ó mar Adriático de 23 km nos arredores da cidade de Neum, no cantón bosnio de Hercegovina-Neretva. O nome do país responde á unión de dúas rexións históricas: Bosnia, con capital en Saraievo e Hercegovina con capital en Mostar, no extremo sur do país. [editar] PolíticaO sistema de goberno establecido nos acordos de Dayton en 1995, establece unha división das cotas de poder entre as tres etnias bosnias: serbios, bosnios e croatas. A presidencia do Goberno (poder executivo) rota en representantes destas tres etnias cada oito meses, ata que cada un cumpre 4 anos no goberno. Os votos para a presidencia son directos e universais: a Federación de Bosnia e Hercegovina vota polos candidatos bosnios e croatas, a República Serbia polo serbio. O Presidente elixe ó consello de ministros. A Asamblea Parlamentaria representa ó poder lexislativo de Bosnia e Hercegovina. Consta de dúas cámaras: a Casa dos Pobos e a Casa de Representantes.
A máxima autoridade do poder xudicial é o Tribunal Constitucional, composto de nove membros: catro elixidos polo parlamento da Federación, dous pola asemblea da República Serbia e tres polo presidente do Tribunal Europeo de Dereitos Humáns tras consultar co presidente do país. [editar] Divisións administrativasSubdivisións do país: O Tratado de Dayton (1995) establece a división de Bosnia e Hercegovina en dúas entidades: a Federación de Bosnia e Hercegovina (FBiH)e a República Serbia (RS). Esta división coincide aproximadamente coas posesións territoriais entre os dous principais bandos enfrontados da guerra de Bosnia. Esta división obedece a cambios na composición étnica do territorio durante á guerra: limpeza étnica e de recolocación por parte da autoridade serbobosnia, migracións internas segundo o transcurso da guerra e refuxiados serbocroatas da guerra de Croacia (ver fronteira inter-entidades) . No 2000 creouse o Distrito Federal de Brčko (DFB), no norte do país entre as dúas entidades. Oficialmente pertence a ambas, pero na realidade autoxestionase e é un exemplo de convivencia multiétnica cun nivel de vida superior á media do país. A Federación de Bosnia e Hercegovina subdivídese en cantóns. A República Serbia en rexións. Os cantóns teñen certo grao de autogoberno, hai dez deles. Rexións son sete. O cuarto nivel organizativo son as municipalidades: 74 na Federación de Bosnia e Hercegovina e 63 na República Serbia. Á marxe de rexións, cantóns e municipalidades, en Bosnia e Hercegovina existen catro cidades oficiais Banja Luka, Mostar, Saraievo e Saraievo Oriental. Estas cidades teñen un autogoberno maior que a municipalidade pero menor que os cantóns da Federación de Bosnia e Hercegovina. [editar] EconomíaNa actualidade a República da Bosnia e Hercegovina é unha das ex repúblicas máis pobres da antiga Iugoslavia debido entre outras cousas á Guerra de Bosnia (1992-1995). Durante os anos da guerra, a economía sufriu un grande retroceso subsistindo a maior parte da poboación grazas á axuda humanitaria do exterior. Ao deterioro da economía uniuse o bloqueo económico por parte de países veciños como Serbia e Croacia. O marco convertible bosnio (konvertibilna marka, BAM) é a unidade monetaria da república. Divídse en 100 pfennig (pfeninga). A súa paridade co euro é de 0,51129 EUR por 1 BAM (é dicir 1 EUR = 1,95583 BAM), a mesma que se fixou co antigo marco alemán coa aparición do euro. Na actualidade existen en circulación (xuño de 2006) moedas de 5, 10, 20 e 50 pfennig, e de 1, 2 e 5 marcos; así como billetes de 1, 2, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 marcos. Salvo o billete de 200 marcos, os demáis presentan dous modelos: un para a Federación da Bosnia e Hercegovina, e outro para a Republika Srpska. En 1991, un ano antes da guerra, en plena crise económica, e coa ex-Iugoslavia a medio desintegrar (Eslovenia e Croacia xa se atopaban fóra da federación), o produto interior bruto era de 14.000 millóns de dólares, máis esta taxa decreceu un 37 por ciento dende entón. [editar] Demografía
Composición étnica da Bosnia - Hercegovina no 2005
Os continuos desprazamentos poboacionais durante as guerras dos Balcáns na década de 1990 provocaron drásticos cambios na distribucíón da poboación. O último dato oficial data do censo iugoslavo de 1991. Segundo este censo a poboación de Bosnia e Hercegovina era de 4.354.911, etnicamente se dividía en: No país existe unha forte correlación entre o grupo étnico e a relixión xa que:
As tensións entre as tres etnias son o principal problema político no país, xa que as tres minorías teñen practicamente o mesmo poder: os bosnios son os máis numerosos, os serbios teñen unha entidade política de seu e os croatas a pesares de non estar politicamente á marxe, teñen o poder económico. A estimación da poboación para xullo de 2006 é de 4.498.976 habitantes. [editar] Ligazóns externas
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||