Weblog

Un Weblog (do inglés web + log), blog, bitácora ou blogue é unha páxina web onde hai mensaxes ou publicacións ordenadas cronoloxicamente escritas por unha ou varias persoas, chamados webloggers, sobre un tema en particular a modo de diario on-line.

Hai algunhas características que son comúns á maioría dos weblogs, como que os lectores poidan deixar comentarios, unha lista con ligazóns a outros weblogs, chamada blogroll, un arquivo coas publicacións anteriores, etc. Outras características non tan comúns, pero que están presentes na maioría dos weblogs, son a de permitir trackbacks, que serve para saber quen liga á publicación, e a de permitir sindicación, xeralmente mediante RSS, XML ou Atom, que serve para poder ler os weblogs dende un programa á parte.

Crear e manter un weblog non é dificil, posto que hoxe en día existe unha grande cantidade de ferramentas gratuitas para levar weblogs. Moitas permiten, sen ter coñecementos técnicos, administrar todo o weblog, escribir, editar e borrar as publicacións, moderar os comentarios dos lectores, etc. As ferramentas máis coñecidas deste tipo son Movablee Type, Textpattern e Greymatter. Tamén hai páxinas on-line que permiten facer todo isto sen necesidade de baixar nada. As ferramentas on-line máis coñecidas son Blogger, TypePad e Pitas.

Unha das primeiras páxinas web foi un weblog onde Tim Berners-Lee, un dos pais de internet, publicaba un pequeno comentario das novas páxinas webs que ían aparecendo. Ainda así, non se pode falar de weblogs até o ano 1997, que foi cando Jorn Barger inventou o termo weblog. Coa saída dos novos servizos como Blogger ou Pitas o número de weblogs aumentou moito. Non se sabe con certeza cal é o número total de weblogs existentes, sobre todo a partir dos anos 2002, 2003 e 2004 que foron os anos onde houbo un "estourido" de weblogs. A principio do ano 2004 calculábanse o seu número en máis de 8 millóns.

Algunhas variantes de weblogs son os fotoblogs, onde os webloggers publican imaxes, os vlogs ou videoblogs, onde os webloggers publican vídeos, os audioblogs, onde os webloggers publican gravacións sonoras, e os moblogs, onde os webloggers publican dende un teléfono móbil. O autor dun blog pode inclinarse por máis dunha destas variantes.

Os weblogs en galego tiveron o seu auxe no 2004 de onde pasaron de ter só uns 20 weblogs aproximadamente a principios de ano, a ter 300 weblogs aproximadamente a finais de ano. O blogomillo é o termo que engloba ao colectivo de todos os weblogs en galego.

O 31 de agosto celébrase o Día Internacional do Blog [1]

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

[editar] Blogger Templates


piosenki teledyski Hosting www katalog stron www Budowa skrzyni biegów,książka nieruchomości Szczecin pozycjonowanie stron mp3download, wyszukiwarka mp3 logo firmy Podkład korkowy Agroturystyka Polska gry karta kredytowa radosne nowości Opisy GG, Opisy Gadu-Gadu Karate, stepper, boks, yoga kick koparki Bułgaria wczasy Karaoke tani kredyt hipoteczny COOLsurf