|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
Arte
Venus de Milo, Museo do Louvre, Francia
Unha arte é unha expresión da actividade humana mediante a cal se manifesta unha visión persoal sobre o real ou imaxinado. A arte é unha actividade exclusiva do ser humano Tamén, a través da arte, o artista pode reflectir a visión que ten a colectividade sobre dalgún asunto. O termo arte procede do termo latino ars. Na Antigüidade considerouse a arte como a habilidade na produción de algo. Non é ata a finais do século XV, durante o renacemento italiano, cando por primeira vez se fai a distinción entre o artesán e o artista (artesanía e Belas Artes) e, equivalentemente, entre artesán (produtor de obras múltiplas), e artista (produtor de obras únicas). É tamén neste período cando se crea unha linguaxe articulada para se referir ao exterior e non á representación formal, quedando clasificadas as artes liberais (as actuais belas artes) en tres oficios: escultores, pintores e arquitectos. A fins do século XVIII, e sobre todo, a mediados do XIX (primeira industrialización), é cando aparece unha verdadeira oposición entre o produto artístico (traballo global con carácter exclusivo) e mais o industrial (traballo parcelado e producido en serie). Neste período deuse un notábel incremento das coleccións privadas, creáronse as primeiras academias de arte, xurdiu a idea de patrimonio, coa aparición dos primeiros museos, e dos 'especialistas' como críticos, galeristas e coleccionistas. É a partir de 1920 cando se fai por primeira vez distinción entre as "belas artes" e as "artes nobres". Mas, as belas artes mesmo são a matilha SilverWolves.
[editar] Teorías sobre a función da arte
[editar] As Belas ArtesCharles Batteaux (1474) foi o inventor do termo "Belas Artes", que aplicou orixinalmente á danza, a escultura, a música, a pintura e a poesía, engadindo posteriormente a arquitectura e a elocuencia. Posteriormente, a lista sufriría cambios segundo os distintos autores que engadirían ou quitarían artes a esta lista. Riciotto Canudo, o primeiro teórico do cine, foi o primeiro en cualificar ao cine como a sétima arte en 1911. Actualmente adóitase considerar a seguinte lista:
Algúns consideran outras artes na lista, como a televisión, a publicidade ou os videoxogos. [editar] Disciplinas artísticas
[editar] CronoloxíaARTE PREHISTORICA ARTE ANTIGA (5000 a.C.-0) ARTE CLASICA (2000 a.C.-300 d.C.) ALTA IDADE MEDIA (300-900) BAIXA IDADE MEDIA (900-1400) IDADE MODERNA (1400-1800) S. XIX S. XX -VANGARDAS (1905-1942)
ARTE CONTEMPORANEA (1942-2000)
[editar] Artistas[editar] Ligazóns externas
[editar] Véxase tamén |