|
Caixa de ferramentasOutras linguas
|
AntibióticoUn antibiótico é unha substancia química ,que en baixas concentracións, é capaz de inhibir o crecemento doutros microorganismos ou, mesmo, de eliminalos. Polo xeral, os antibióticos actúan sobre bacterias, e algúns tamén sobre rickettsias e aínda sobre certos virus de grande tamaño, ou até sobre células de individuos pluricelulares, animais ou vexetais, provocando alteracións ben da parede celular, ben da membrana protoplasmática, ben da síntese proteica, ou ben do metabolismo dos ácidos nucleicos, etc. [editar] HistoriaO primeiro antibiótico que se descubríu foi a penicilina, en 1928. Alexander Fleming estaba cultivando unha bacteria (Staphylococcus aureus) nun prato de agar, que estaba contaminado, accidentalmente, por fungos. Logo Fleming advertíu que o medio de cultivo arredor do fungo estaba libre de baterias. Como traballara xa con anterioridade nas propiedades antibacterianas da lisozima, puido realizar unha interpretación correcta do que veu: que o fungo estaba a segregar algo que inhibía o crecemento da bacteria. Aínda que non puido purificar o material obtido (o anel principal da molécula non era estábel ante os mètodos de purificación que utilizou), informou do descubrimento en publicacións científicos. Dado que o fungo era do xénero Penicillium, denominou o produto penicilina. Dez anos despois Ernst Chain e Howard Florey lograron obter penicilina en forma pura. Xunto con Fleming conseguiron o premio Nobel de Medicina en 1945. [editar] Clases[editar] ClassesExisten diversas clases de antibióticos e antibacterianos sintéticos de uso común na actualidade. Son:
|