|
Caixa de ferramentas |
Amarante, PortugalAmarante é unha cidade portuguesa pertencente ao Distrito do Porto, na rexión Norte e subrexión do Támega, con cerca de 9.900 habitantes. É cabeza dun municipio con 299,25 km² de área e 61.029 habitantes (2004), subdividido en 40 freguesías. O concello limita ao Norte co municipio de Celorico de Basto, a Norleste co de Mondim de Basto, ao Leste co de Vila Real e co de Santa Marta de Penaguião, ao Sur cos concellos de Baião, Marco de Canaveses e Penafiel, ao Oeste co de Lousada e a Noroeste co de Felgueiras. No contexto de políticas sub-rexionais de desenvolvemento e de mobilidade, é membro da Comunidade Urbana (ComUrb) do Baixo Támega, constituída por 7 municipios, que en total contabilizaban 198.058 habitantes en 2001, sendo tamén a súa capital. O comercio e os servizos céntranse principalmente na cidade de Amarante e en Vila Meã, que constitúen os dous principais núcleos urbanos do concello. |